SUSTENTABILIDADE

Glamping Ecológico

Un grao de area na inmensa praia da humanidade

Conscientes do coidado que necesita o noso planeta puxemos en marcha unha serie de prácticas sostibles

Recuperación dun bosque autóctono, eliminando especies invasoras e preservando a diversidade propia do bosque atlántico onde de forma espontánea crece o acivro, o carballo e o castiñeiro.

Eliminación dos plásticos dun só uso. Os nosos xabóns están dispensados en botes de cerámica reenchibles e a auga que ofrecemos aos nosos hóspedes está envasada en botellas de vidro retornables. Témoslle declarada a guerra ao plástico.

Eliminación dos plásticos dun só uso. Os nosos xabóns están dispensados en botes de cerámica reenchibles e a auga que ofrecemos aos nosos hóspedes está envasada en botellas de vidro retornables. Témoslle declarada a guerra ao plástico.

Piscina con sistema de depuración ecolóxico mediante un clorador salino, prescindindo de produtos químicos, eliminando riscos para a saúde dos hóspedes e promovendo o coidado do medio ambiente.

Preservamos o patrimonio inmaterial da humanidade recuperando un muro tradicional mediante a técnica de muro seco ao redor de Amaraxe. Cero emisións con pedra e barro.

Creación dun xardín orgánico de aromáticas.

Estancia consciente, creada para que os nosos hóspedes se fundan coa natureza atopando o benestar físico, emocional e espiritual. As nosas tendas están elaboradas con materiais ecolóxicos e buscan mimetizarse e integrarse no bosque no que se atopan.

Instalación de placas solares e aerotermia así como cargadores para mobilidade eléctrica.

AMARAXE, un grao de area na inmensa praia da humanidade