ESPAZO AMARAXE

Benvido a Amaraxe Ecoglamping

Esto é AMARAXE

Un espazo envolvente e acolledor onde pasar tempo de calidade en contacto coa natureza.

Ubicado nun predio de 7000 mil metros cadrados que desemboca no mar nunha preciosa cala, á sombra de piñeiros, carballos e castiñeiros, Amaraxe é un lugar máxico que te transporta directamente a ese espazo de calma e benestar que todos buscamos.

ARQUITECTURA

A arquitectura busca a integración no bosque minimizando o impacto visual e invitando ao recollemento.

Os materiais empregados, con texturas e cores propios da serra do Barbanza, buscan a poética da experiencia evocando as sensacións da natureza en cada detalle para que todo contribúa a unha experiencia holística dos sentidos.

BAÑOS

Cada tenda ten asociada a súa propia cabina de baño.

Os materiais empregados con texturas e cores propios da natureza invitan á relaxación e cada detalle busca una experiencia sensorial completa. Cada baño está coroado cunha lucerna desde onde poder ducharse baixo as estrelas. Os aromas e texturas dos xabóns utilizados tamén contribúen a esta experiencia e foron especialmente creados para Amaraxe por Blue Silk inspirándose na propia natureza do entorno.

PISCINA

A piscina, de madeira e de estilo infinity, está rodeada dun xardín de herbas aromáticas que desprenden os seus aceites esenciais á tardiña, envolvéndo a platarorma de madeira de aromas que che farán perder o sentido do tempo e experimentar o efecto calmante de herba luísa e a lavanda.

PLATAFORMA DE IOGA

Integrada e rodeada dun bosque autóctono á beira do mar, onde medra de xeito espontáneo a madreselva, a orquídea e o acivro, sitúase na parte baixa do predio con vistas e acceso á ría. En ocasións a maxia faise realidade nos grupos de golfiños que a miúdo nadan cara ao interior da ría.

MIRADOIRO

Miradoiro desde onde poder contemplar a posta de sol sobre o Monte Louro, uns dos magníficos espectáculos que nos brinda a natureza cada atardecer.

Isto é AMARAXE, un espazo envolvente e acolledor onde pasar tempo de calidade en contacto coa natureza.