Por momentos, a beleza do noso territorio deixarache sen palabras
Un espazo envolvente e acolledor onde pasar tempo de calidade en contacto coa natureza.
Ubicado nun predio de 7000 mil metros cadrados que desemboca no mar nunha preciosa cala, á sombra de piñeiros, carballos e castiñeiros, Amaraxe é un lugar máxico que te transporta directamente a ese espazo de calma e benestar que todos buscamos.
Praias de area branca e fina, bosques de piñeiros e carballos, miradores naturais desde onde se contempla a inmensidade do océano.
Sendas ao carón do mar que discorren baixo a sombra dos piñeiros e carballos.
Anterior
Seguinte
Anterior
Seguinte
Anterior
Seguinte
A ría de Muros e Noia, rica en patrimonio cultural, salpicada por vilas e aldeas medievais, cunha natureza exuberante propia do bosque atlántico, invita a perderse e experimentar a maxia da conexión.
Un entorno que ofrece unha combinación de tranquilidade e simplicidade, adictiva e inspiradora.
O concello de Porto do Son está formado por dez parroquias onde aínda perviven moitos dos oficios ligados á natureza: pescadores, canteiros, labradores… Nas aldeas aínda podemos sentir a maxia da vida lenta.
Amaraxe atópase na parte surleste da ría de Muros e Noia ao abeiro da Serra do Barbanza e a só 40 km. de Santiago de Compostela.